O Campus de Verán de Nigrán acolleo a máis de 200 nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+
Campus de verán de surf

Campus de verán de surf

A segunda edición dos Campus Deportivos de Verán Concello de Nigrán sáldase coa participación de máis de 200 nenos e nenas, reeditando así o éxito da súa primeira edición do pasado ano. Nesta edición, o goberno municipal deseñou un programa para os máis pequenos, con oito campus deportivos, incorporando o pádel aos xa habituais, surf, piragüismo, tenis, fútbol, baloncesto e BTT, que axudaron a conciliar a vida laboral e familiar de moitas familias do municipio.

Os campus deportivos, enfocados a menores de entre 4 e 18 anos, dependendo da modalidade deportiva elixida, desenvolvéronse entre os meses de xuño e agosto, “dando opcións de axudar a compatibilizar a actividade profesional dos pais co ocio, o deporte e a práctica duns hábitos de vida saudables dos máis pequenos nos meses estivais, a uns prezos moi competitivos,” observa o rexedor municipal, Alberto Valverde.

A oferta deportiva destes campus deseñouse de forma conxunta entre a concellaría de Turismo, Cultura e Deportes e os clubs deportivos locais: Escola Municipal de Surf de Nigrán, Airexa Baloncesto Nigrán, E.D. Val Miñor, Club de Tenis de Nigrán, Club Piragüismo Val Miñor, Racing Club Vilariño e Monteferro Bike Club, aos cales o goberno municipal reitera o agradecemento pola súa implicación e colaboración neste proxecto.

20 de agosto de 2013 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.