O Campo da Feira de Ordes albergará a celebración do Día do Neno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOrdes
A-
A+

O vindeiro venres 9 de agosto a partir das 17 horas os nenos e nenas de Ordes teñen unha cita ineludible cunha das festas máis esperadas por todos eles, o Día do neno. Unha iniciativa que cada ano congrega a centenares de participantes que, totalmente de balde, poden desfrutar dunha xornada repleta de diversión, emoción e alegría, xogos e música.

Deste xeito o Campo da Feira encherase de animadores interactivos que levarán a cabo xogos, xincanas, competicións, bailes e coreografías, entre outras moitas sorpresas. Outras das atracciones que acadan unha relevancia especial para os participantes son os castelos e colchonetas hinchables. Nesta ocasión, ademais, instalarase unha ludoteca hinchable para aqueles e aquelas que vaian dende os 0 ata os 6 anos. Alí poderán asistir a obradoiros de globoflexia e maquillaxe de cara. Non serán os únicos, xa que os máis maiores igualmente temén poderán aprender a facer figuras cos globos, maquillarse, elaborar chapas, participar en xogos populares e realizar un sinfín de manualidades. Pallasos e unha gran festa da espuma pecharán esta xornada organizada polo departamento de Cultura e Deporte Concello de Ordes dentro do seu programa Verán Cultural.

7 de agosto de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.