O campionato de dominó por parellas en Vilagarcía suspéndese pola baixa inscrición
O Campionato de Dominó por Parellas que tiña previsto iniciarse o mércores, 14 de agosto, suspéndese debido á escasa inscrición rexistrada, segundo comunicou hoxe o organizador da iniciativa, Ramsés Forero. O prazo de inscrición rematou o venres, pero non se tiñan anotado o número suficiente de parellas para poder celebrar o torneo, razón pola cal se decidiu suspendelo. Forero contaba coa colaboración do Concello, o Liceo casino e a cafetería Maty para a organización desta actividade.











