O campión galego PTV Handstard participará no Campionato de España de balonmán praia en Almería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Esta fin de semana (3 e 4 de agosto) celebrarase en Almería o Campionato de España de Balonmán Praia coa participación do campión galego masculino, o PTV Handstard.

O equipo galego viaxará hoxe en dirección a Almería onde terá lugar o torneo. A competición comezará o sábado 3 de agosto no que se celebrará a fase de grupos. O PTV comezará a competición contra o Club Balonmán Praia Algeciras (10:00 horas), para despois enfrontarse ao campión catalán, o Cocoloco (13:00 horas) e finalizará a disputa do seu grupo (17:15 horas) fronte ao Nothingam Miedo BM Sanse, que é o número 6 do ranking.

Os dous primeiros do grupo lograrán a clasificación para os cuartos de final do campionato de España que se celebrará xa o domingo 4 de agosto.

Finalmente, non haberá participación no campionato feminino, xa que tanto as campioas galegas (El Bunga) como as subcampioas (Las Merengue Merengue) renunciaron a esa praza.

1 de agosto de 2013 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.