O antigo restaurante El Castillo estará derrubado en outubro

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Vigo ▼
A-
A+

Por procedemento negociado e con publicidade, o goberno de Vigo vén de adxudicar as obras de derrubo deste antigo restaurante, por 128.000 euros, a realizar nos meses de setembro e outubro. Informou o alcalde que se procederá á retirada da edificación completa, os muros de contención e a terraza exterior, e se habilitará unha zona verde e un paseo. O obxectivo do goberno que preside Abel Caballero é descubrir “toda a perimetral da fortaleza”, que quedará “toda á vista por primeira vez en 150 anos”.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local celebrada este venres tamén aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego das asociacións veciñais da cidade, un reforzo ao Plan de Emprego Municipal dotado con 80.000 euros para a contratación desde as entidades de veciños de Vigo.

24 de agosto de 2013 | 00:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.