O alcalde da Coruña pide diálogo ante o anuncio de folga do sector do lixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, referiuse esta mañá ao anuncio de folga no sector do lixo previsto para o luns 26 de agosto e destacou que “non” vale ameazar con máis folgas nin coller como reféns os cidadáns”. Neste sentido, sinalou que “sempre é posible un acordo antes de que se produza a folga”. Hai que esgotar -continuou- as vías do diálogo, tal como e como veñen pedindo e insistindo os coruñeses”.

Neste sentido, avogou unha vez máis porque se produza un achegamento entre a empresa e os representantes laborais: “Todos os cidadáns temos a esperanza de que cheguen a un acordo porque é o positivo e razoable despois de tantos días de folga”. O alcalde confía en que se produza “certa aproximación” nas propostas e destacou que sería unha boa noticia para a cidade que hoxe se producira ese acordo.

Carlos Negreira instou a que “se senten, a que teña lugar a mediación e a que se dialogue sen tempo para poder chegar unha solución”. O alcalde recordou que os coruñeses pagan dos seus petos 20 millóns de euros ao ano para que se preste un servizo. “O que non pode ser é que os cidadáns paguen cos seus impostos un servizo e ter que, ademais, sufrir unha folga que non lles corresponde pola cantidade que pagan”, subliñou. “Temos dereito -finalizou- a que as rúas estean limpas porque pagamos puntualmente 20 millóns de euros ao ano. O que queren os cidadáns é recibir un bo servizo”.

16 de agosto de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.