O 37 Cidade de Ferrol de halterofilia terá como escenario as inmediacións dos xardíns da Ranita
A Concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, anunciou hoxe que o vindeiro sábado, día 3 de agosto, disputarase nas inmediacións do xardín de La Ranita o XXXVII Trofeo Internacional “Cidade de Ferrol”, “un dos trofeos máis antigos e de maior carisma dentro da halterofilia en Galicia e España”, dixo.
Máis de 60 deportistas daranse cita neste evento, que se disputará en todas as categorías: dende a Infantil até a Absoluta tanto na modalidade feminina como masculina. A competición comezará ás 09.30 horas cando os levantadores se someterán á báscula para coñecer o seu peso, e a proba en si dará comezo aproximadamente ás 10.30 horas. Entre os participantes, destaca a presenza de Alberto Díaz, del Club Halterofilia Ferrol e actual Campión de España. Está confirmada a participación de varios clubs de Galicia e do Club Sideropolis de Madrid.











