O 2 de setembro finaliza o prazo de presentación de fotografías para a X edición de Viaxarte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), informa de que o próximo martes, 2 de setembro, finaliza o prazo de presentación de fotografías para a X edición de Viaxarte, dirixido a mozos de entre 15 e 30 anos.

As fotografías deben estar relacionadas coa temática viaxeira. O prazo de admisión de orixinais manterase aberto ata o 2 de setembro e a mellor fotografía e a mellor serie fotográfica serán premiadas con viaxes ás principais capitais europeas. Ademais, as imaxes presentadas ao concurso serán expostas durante o mes de setembro no Fórum Metropolitano, e unha selección destas fotografías editarase nun catálogo.

O xurado valorará a proposta expresiva, a corrección técnica e a capacidade evocadora da viaxe. As fotografías deberán presentarse, persoalmente ou por correo, no Centro Municipal de Información Xuvenil -no Fórum Metropolitano, rúa Río Monelos, número 1, código postal 15006, A Coruña-. As bases pódense consultar na páxina web www.coruna.es/nex, ou no número de teléfono 981 18 42 94.

29 de agosto de 2013 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.