O +10 Marín Manuel Rosales-Gran Premio Ence contará con 445 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMarín
A-
A+

A tan só dous días para a celebración da proba, as inscripciones xa están pechadas. A segunda edición do +10 Marín Manuel Rosales ” Gran Premio Ence contará finalmente con 445 participantes, todo un récord para unha carreira que cumpre aínda neste 2013 o seu segundo ano de existencia. Si o ano pasado foran 328 os inscritos, este ano o número ascendeu en 117, un éxito para o 10 da vila marinense, que como se pode ver, aséntase aos poucos no calendario autonómico de competicións populares.

Os chips e os dorsales poderanse recoller desde as 11 horas do venres ata unha hora antes da celebración do evento na Casa do Concello de Marín. Nese mesmo lugar seguen abertas as inscripciones para os máis pequenos, desde os 0 aos 13 anos, que poden apuntarse gratuitamente para as carreiras que terán lugar a partir das 21 horas.

Homenaxe ás vítimas do 24X

O momento máis emotivo do evento vivirase minutos antes da disputa da proba absoluta. Gardaranse 80 segundos de silencio, 79 en honor ás vítimas e 1 polos que aínda hoxe sofren nos diferentes centros médicos da comunidade. Nese instante, a banda de gaitas “Airiño de San Xulián” interpretará Sarabal, música que soa sempre nos momentos máis importantes do Concello de Marín.

Posteriormente, un veciño de Angrois será o encargado de dar o pistoletazo de saída da carreira en representación do territorio que viviu máis de cerca a traxedia. Estará acompañado por un membro de cada corpo de seguridade e médico presentes nas vías. Haberá representación do corpo de Bombeiros, Policía Nacional, Cruz Vermella e Protección Civil, entre outros. O lema da proba será “Corre por Angrois”.
Recoñecemento a “Correr en Galicia”

A segunda edición do 10 Marín tamén servirá de recoñecemento para o gran traballo que realiza “Correr en Galicia” (correrengalicia.org) á hora de promocionar as carreiras populares. Correr en Galicia trátase dunha especie de foro onde se pode ver o calendario das carreiras populares, “andainas” e triatlones.

Nos máis de dez anos que levan en liña, conseguiron chegar á cifra de 11.000 foreros, con xente de todas as idades que comparte día a día as súas experiencias e métodos de adestramento. Soamente no mes de maio a páxina alcanzou as 145.000 visitas e máis dun millón de páxinas consultadas, cifras de récord. O seu lema é “Correndo xuntos, medrando xuntos”.

1 de agosto de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.