Novo Obradoiro de Emprego para O Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar acaba de aprobar once talleres de emprego na provincia de Ourense para este ano que beneficiarán a 234 persoas en situación de desemprego cun presuposto de dous millóns de euros.

Así o anunciaron hoxe a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, na visita que reliazaron ao concello do Carballiño, de onde foron atendidos por el alcalde e o edil de traballo e o alcalde de San Amaro.

Díaz destacou as vantaxes destes proxectos: favorecen o acceso a un posto de traballo, ao tempo que ofrecen unha formación teórico e práctica de calidade, certificada e axeitada ao mercado laboral; e permiten a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.
Ademais indicou que ao rematar o programa, o alumnado recibirá un certificado de validez para todo o territorio nacional, que demostrará a súa preparación e habilidades e que “incrementará moi significativamente o seu empleabilidad”.

O taller do Carballiño e Sano Amaro contará con 22 beneficiarios e un presuposto de máis de 195.000 euros para os terreos de xardinaría, albanelaría e axuda a domicilio.

5 de agosto de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.