Novo horario para os bailes no Parque Municipal
A área de Benestar Social do concello do Carballiño avisa dun cambio de horario nos bailes do Parque Municipal, que se sucederán todos os fins de semana do mes de agosto, con excepción do 11 de agosto día da Festa do Pulpo. Este novo horario será de 18:30 a 20:30. Cada fin de semana os que acudan ao Parque Municipal poderán bailar as cancións de sempre con música en directo.











