Novas taxas da piscina municipal de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal
A-
A+
Piscina Municipal de Brión

Piscina Municipal de Brión

As novas taxas da piscina municipal cuberta de Brión, aprobadas por unanimidade na sesión plenaria de xuño, entran hoxe en vigor, logo da súa publicación no BOP e de que non se tivera presentado reclamación algunha durante o prazo de exposición pública. Unhas novas taxas que suporán unha redución dos prezos para os usuarios da piscina e que inclúen a creación de novas categorías como o “abono reducido matinal”, creado para desempregados e maiores de 65 anos que poderán disfrutar das instalacións en horario de mañá e por un prezo reducido de 12 euros/mensuais (14 euros menos que a tarifa común e sen ter que abonar os 20 euros da matrícula).

Así mesmo, a aprobación definitiva da modificación do Regulamento de réxime interno da piscina cuberta municipal de Brión permitirá solucionar un dos aspectos que máis incomodaba aos seus usuarios: homoxeneizar os horarios. Se ata o de agora as instalacións tiñan un horario propio para cada día da semana, dende agora os horarios quedan do seguinte xeito:

– Inverno: de luns a venres (de 7:30 a 13:00 e de 16:00 a 22:30 horas), sábados (de 10 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas) e os domingos (de 10 a 13:00 horas). Festivos pechado.

– Verán: de luns a venres (de 7:30 a 12:30 e de 19:30 a 23:00 horas), sábados (de 10 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas) e os domingos e festivos pechado.

Incremento de actividades

Paralelamente ás novas taxas e ao novo regulamento, a empresa adxudicataria da piscina municipal de Brión, Aquafit Gestión SL, anuncia novas actividades a partir do 1 de setembro. Nesa data abrirá as súas portas a nova sala de actividades da piscina municipal cuberta de Brión, que permitirá ofrecer novas actividades como pilates, aeróbic, GAP, ton, zumba e baile. O prezo mensual dunha sesión semanal será de 8 euros para abonados e de 14 euros para os non abonados.

Así mesmo, Aquafit Gestión SL lanza unha campaña para conseguir novos abonos ofrecendo matrícula de balde para aquelas persoas que se dean de alta antes do 30 de setembro. Outra das novidades é a posibilidade de manter aos fillos no “abono familiar” ata a idade de 24 anos. Ata o de agora, cando un rapaz cumpría a maioría de idade deixaba de estar cuberto polo abono familiar e tiña que facer un propio. Aquafit Gestión SL ofrece agora a posibilidade de que eses fillos/as de abonados, de entre 18 e 24 anos, poidan permanecer no abono familiar aboando un pequeno suplemento. Así mesmo, xa non será obrigatorio ser abonado ás instalacións para participar nalgún dos cursos que se organicen: natación, natación bebés, actividades acuáticas, etc.

12 de agosto de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.