Nova visita guiada aos pazos de Nigrán

Unha das visitas aos pazos
O Concello de Nigrán programa para a tarde de mañá unha nova visita guiada polos principais pazos do municipio, coa campaña Descubre Nigrán. O punto de encontro será a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, ás 18.00 horas. Dende alí, os asistentes partirán xunto co técnico de turismo municipal ao Pazo dás Pías, na Ramallosa, para despois seguir descubrindo os encantos da arquitectura tradicional galega nos pazos de Cea e da Touza. Máis información e reserva de prazas nas oficinas de turismo de Panxón, Parrulos e A Ramallosa.











