Nova guía turística para os concellos de Fene, Cabanas e Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabanasFeneLocalLocal PortadaPontedeumeProvincias
A-
A+
Presentación da guía turística de Fene, Cabanas e Pontedeume

Presentación da guía turística Fene, Cabanas e Pontedeume

Este sábado tivo lugar nos 4 lugares previstos (Museo Humor, Coto do Rei, Parque da Hortiña e Praia Almieiras) a presentación da guía de Turismo de Fene, Cabanas e Pontedeume na súa parte de Fene.

Unha guía moi novidosa e práctica que é o froito de máis dun ano de esforzos. Ao acto asistiron os 3 alcaldes dos municipios afectados (Gumersindo Galego, Germán Castrillón e Gabriel Torrente), o deputado autonómico Hipólito Fariñas, o deputado provincial Miguel Boullón (en nome do preseidente da Deputación Diego Calvo que ao final non puido chegar a tempo), a xerente de TURGALICIA, Carmen Pita, a alcaldesa de Cerdido, Ana Rodríguez, a alcaldesa en funcións de Mugardos Pilar Díaz, a concelleira de turismo de Ferrol M. Carmen García e representantes de BNG, PSOE e PP do concello de Fene, o ex-acalde de Fene Xose María Rivera Arnoso, o presidente do Asociación de comerciantes “O Cruceiro”de Fene, José Villares, representantes de diversas asociacións de Fene así como case un centenar de veciños do municipio fenés e outros concellos que gozaron do Museo de Humor, das visitas a Couto de Rei, da brillante actuación dos mallorquinos PAPA TOUPA e dos pinchos finais na praia.

12 de agosto de 2013 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.