Nos vindeiros días teremos máis saídas en “Descubre Nigrán”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

A campaña Descubre Nigrán ofrece para os próximos días novas opcións de ocio para toda a familia.

Sábado 18, haberá unha nova convocatoria de Descubre Nigrán en bicicleta eléctrica, con saída ás 10.00 horas no concello, dende onde se realizará unha ruta duns 20 quilómetros, que percorre os principais puntos de atractivo turístico e natural do municipio. Dende a praia de Patos, pasando por Monteferro, Panxón, Praia América, o Esteiro da Foz, Ponte Románica, pazo de Rabadeira, Río Muiños e Porto do Molle, volvendo ao centro de Nigrán. Máis información e inscricións nas oficinas de turismo.

O domingo poderase gozar dunha nova sesión de Descubre Nigrán en Piragua, con saída ás 10.00 horas dende a sede do Club Piragüismo Val Miñor, en Panxón. A duración da travesía é de dúas horas, aproximadamente, unha actividade ideal para realizar con familiares e amigos.

O luns 19, unha nova ruta de sendeirismo con Descubre As Nosas Rutas, con saída ás 18.00 horas dende a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón. Este luns a ruta realizarase polo sendeiro Circular Das medoñas, en Priegue, un percorrido de 8 kilómentros, cunha duración estimada de tres horas e dificultade media-alta. Esta ruta permite visitar un petroglifo no barrio da Mamoa, datado de entre o terceiro e o segundo milenio a.C e o punto máis alto do municipio, o Miradoiro dous Outeiros, a máis de 400 metros de altura. Inscripiones nas oficinas de turismo.

16 de agosto de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.