Noite de Orientación polas rúas de San Ciprián

Participantes na Noite de Orientación
A Noite de Orientación que tivo lugar polas rúas de San Ciprián participaron uns 50 nenos e mozos de entre 7 e 15 anos maioritariamente, quedando gañadores Indiana Jones e segundos clasificados La Clorofila.
Nesta actividade, que é un xogo de orientación urbana, os participantes, por grupos, tiveron que ir seguindo unha serie de balizas deixadas pola vila e tiveron que atopalas coa axuda dun mapa. Cada baliza era unha proba ou unha pregunta, polo que os equipos tiñan que atopalas todas e resolver as cuestións plantexadas antes que os demais.











