Neda acolle un partido de fútbol sala benéfico entre O Parrulo e o Al Wahda de Emiratos Árabes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNeda
A-
A+

O pavillón polideportivo de Neda será esceario, o vindeiro 26 de agosto, dun partido de fútbol sala moi especial posto que o públi-co que asista non só poderá disfrutar dun encontro de máxima calidade senón que, ao mesmo tempo, contribuirá a unha boa causa. Así, dende as 20,30 horas, O Parrulo FS e o Al Wahda de Abu Dabi (Emiratos Árabes) que dirixe Pablo Prieto desplegarán o seu mellor fútbol.

O prezo das entradas é de tres euros e, a recadación, irá destinada integramente a financiar diferentes programas de emerxencia social dos Servizos Sociais Muni-cipais. Así mesmo, a entrada é libre e gratuíta para os nenos.

Nesta liña, o Concello de Neda, promotor da iniciativa, quere agradecer moi es-pecialmente ao adestrador Pablo Prieto a súa máxima colaboración, xa que fixo posible esta iniciativa e o seu carácter solidario. E, por último, animou á veciñan-za a acudir a esta cita deportiva.

21 de agosto de 2013 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.