Moita actividade deportiva en Tui con motivo do trofeo de balonmán
O mércores 21 de agosto, ás 20.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o II Trofeo Eurocidade de Balonmán, entre os equipos do Academia Octavio de Vigo e o F.C. Porto, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui.
Aproveitando este trofeo, as escolas deportivas do Club Balonmán Tui disputarán partidos das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, dende as 18.15 horas no novo pavillón.
Previo ao partido entre o Academia Octavio e o F.C. Porto, os xogadores de ámbolos dous equipos, realizaranse fotos coas escolas deportivas do Club Balonmán Tui.











