Modificacións no tráfico por obras de pavimentación en diversas rúas coruñesas
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa das seguintes afeccións de tráfico:
– Debido ás obras de posta a cota de tres pozos de rexistro de rede de sumidoiros na rúa da Torre, entre os números 14 e 28, será necesario desviar o tráfico pola zona de estacionamento para poder realizar as reparacións, manténdose a circulación. A obra executarase mañá, sábado 3 de agosto, ata as 7.30 horas do luns 5.
– Con motivo das obras de reparación de pavimento, quedan permitidos todos os movementos de tráfico no cruzamento da Avenida Finisterre coa Rolda de Outeiro, ao poñerse a funcionar o cruzamento como glorieta pura. A afección producirase dende o domingo 4 de agosto ao luns 5, das 23.00 ás 7.00 horas.











