Modificacións no tráfico por fresado e reposición en varias rúas coruñesas
Dende a Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público infórmase da afección ao tráfico que se producirá con motivo das obras de fresado e reposición en varias rúas da cidade, dende o domingo 11 de agosto e ata o xoves día 15, en horario nocturno de 22:00 a 7:00 horas. En concreto, afectará ás seguintes rúas:
– Salvador de Madariaga: Domingo 11, luns 12 e martes 13 de agosto, manténdose un carril para cada sentido.
– Fernando Rey: Martes 13 e mércores 14 de agosto.
– Marques de Figueroa: Martes 13, mércores 14 e xoves 15 de agosto.
Deixarase en todo momento un carril de circulación, e tomaranse as medidas de sinalización e balizamento necesarias.











