Modificacións no tráfico por diversas obras nas rúas municipais
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa das seguintes afeccións:
– Con motivo do tendido de cable de Unión Fenosa na estrada de Pocomaco, dende o luns 5 e ata o 22 de agosto, será necesario o corte dun carril da Avenida García Sabell na zona das pontes xemelgas.
– Debido ás obras de iluminación pública que se van levar a cabo na rúa Santo Tomás, nos número 22 e 26, será necesario ocupar a zona de estacionamento o próximo luns, 5 de agosto, en horario de 16.00 a 20.30 horas.
– Con motivo das obras de reparación da varanda no viaduto da Rolda de Outeiro, o luns día 5 de agosto, dende as 8.00 ás 19.00 horas, cortarase o carril e a zona de estacionamento na rúa Caballeros (dirección entrada na cidade). Manterase o tránsito peonil e un carril para cada sentido de circulación.
Así mesmo, a Concellaría de Tráfico informa de que, polas tarefas de fresado e reposición de pavimento, se producirán cortes de tráfico nas seguintes vías:
– Rúa José Miñones, o luns 5 e o martes 6 de agosto, de 8.30 a 21.00 horas.
– Rúa General Rubín, do martes 6 ao xoves 8 de agosto (ambos os dous incluídos), de 8.30 a 21.00 horas.











