Modificacións no tráfico polo fresado e reposición de pavimento en diversas rúas
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa de que, con motivo dos traballos de fresado e reposición do pavimento, durante a próxima semana, as rúas Xeneral Rubín e Marqués de Amboage sufrirán afeccións de tráfico.
Os días 6 e 7 de agosto, cortarase a circulación na rúa Xeneral Rubín, salvo para a entrada aos garaxes. No caso da rúa de Marqués de Amboage, realizarase un corte parcial os días 9 e 10 de agosto, cortándose o sentido de circulación dende Catro Camiños cara á Estación de Autobuses e desviándose o tráfico pola rúa Santiago Rei Fernández Latorre e a avenida Alcalde Pérez Ardá.
Ambas as dúas afeccións afectarán aos percorridos dos seguintes autobuses urbanos:
Liñas 5, 12 A:
En dirección Rolda de Outeiro – Segunda Fase de Elviña, circularán por: Rolda de Outeiro- avida Alfonso Molina-Álvaro Cunqueiro-José Miñones Bernardez.
. Anúlanse as paradas Joaquín Planells-Estación e Xeneral Rubín.
. Paradas alternativas: Rolda de Outeiro (diante do Hotel Avenida) e Lazos (Álvaro Cunqueiro). O autobús incorporarase ao seu itinerario habitual en Pablo Picasso, Casares Quiroga.
En dirección Segunda Fase de Elviña – Rolda de Outeiro, circularán dende: Pablo Picasso-José Miñones Bernardez-Antonio Machado (Pajaritas)-Avda. Alfonso Molina, para incorporarse á Rolda de Outeiro.
. O autobús retomará o seu itinerario habitual na glorieta da estación ferrocarril
. Anúlase a parada de Xeneral Rubín.
Liñas 21, 23 e 23 A:
En dirección Casa do Mar – Segunda Fase, circularán por: Ramón e Cajal-Pérez Arda- Salvador de Madariaga-José Miñones Bernardez.
. Parada alternativa: Pablo Picasso-Casares Quiroga. O autobús de incorporará nesta parada ao seu itinerario habitual.
. Anúlase a parada Salgado Torres (túnel).
En dirección Segunda Fase de Elviña – Casa do Mar, non sofre alteración.
Liñas 1 A, 4, 14:
En sentido Catro Camiños – Monelos, circularán por Fernández Latorre-Pérez Arda.
. Anúlanse as paradas da Estación de Autobuses e Cabaleiros (Ministerios).
. Paradas alternativas: en Pérez Arda, entre a avenida de Chile e a Estación de Autobuses e Pérez Arda e a rúa Brasil.
. O autobús da liña 14 incorporarase ao seu itinerario habitual en Rolda de Outeiro e os das liñas 1 A e 4, na avenida de Monelos.











