Modificacións no tráfico pola construción da Terceira Rolda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios de circulación que se producirán na glorieta de Pocomaco con motivo da entrada na obra de construción da Terceira Rolda das vigas para o viaduto. Será necesario realizar cortes puntuais de 5 minutos na rotonda o próximo venres 30 de agosto -en horario de 15.30 a 18.30 horas- e o luns, 2 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas.

O Concello tamén informa de que, con motivo do partido de fútbol do Trofeo Teresa Herrera -mañá, xoves 29 de agosto, ás 19.00 horas-, se producirán as seguintes incidencias no tráfico:

– A rúa Manuel Murguía cortarase dúas horas antes do inicio do encontro.

– A avenida da Habana cortarase en función da afluencia de persoas e a seguridade destas (aproximadamente 1 hora antes do inicio do partido).

28 de agosto de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.