Modificacións no tráfico e afeccións por traballos de mellora e inventario nas rúas da cidade
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa de que durante a próxima semana se levarán a cabo unha serie de traballos de inventario da iluminación pública que poden levar consigo o arranque dos cadros. Estas tarefas, que forman parte do plan de mellora da eficiencia enerxética que puxo en marcha este Goberno local, realizaranse nas seguintes rúas e prazas:
– Carretera de O Portiño.
– Bens.
– Mazaido.
– Nostián.
– A Moura.
– Pedreiras.
– Loureiro.
– Ánimas.
– As Bouzas.
– Penamoa.
– Silva de Arriba.
– Cances.
– Parque de Bens.
– Calle San Pedro de Visma.
– Calle Alcalde Jaime Hervada.
Pola súa banda o departamento de Conservación e Mantemento actuará na:
– Reposición de valo metálico en pista de Raio Control, no Castro de Elviña.
– Instalación dun aparcabicicletas no Mercado de San Agustín.
No que compete á área de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público infórmase das seguintes afeccións:
– Con motivo das obras de pavimentación na rúa Pondal, dende mañá luns 12 de agosto e ata o 1 de setembro ocuparase o aparcadoiro na marxe dereita da rúa Pondal (números impares). Ocúpase a beirarrúa dándose paso ao tráfico peonil polo estacionamento. Déixase o carril de circulación libre.
– Polas obras de remodelación e acondicionamento de beirarrúas e demolición de prazas de aparcadoiro na C/ Galileo Galilei (entre Severo Ochoa e Gambrinus), luns 12 e martes 13 de agosto, en horario de 8.00 a 20.00 horas, producirase a ocupación de zonas de aparcadoiro e beirarrúas, deixando itinerarios peonís valados. Mantéñense dous carrís de circulación e os accesos a naves e negocios.
-debido ás obras de canalización en rúa Bolivia con avenida de Arteixo, o 13 de agosto, en horario de 8.00 a 20.00 horas realizarase un corte de carril en dous tramos alternos da rúa, deixando sempre a metade apta para a circulación de vehículos, manténdose en todo momento media vía aberta ao tráfico a cal se sinalizará convenientemente.











