Modificacións no tráfico coruñés durante os vindeiros días
O Concello, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa das seguintes afeccións que terán lugar ao longo dos próximos días:
– Debido ás obras de canalización da rede de Unión Fenosa, ocuparase a avenida de Joaquín Planells, para a descarga de bobinas e tendido de cable á altura do n.º 56 e á altura da gasolineira. A ocupación será desmontada polas noites. A afección ao tráfico terá unha duración dende o 6 ata o 30 de agosto.
– Con motivo da continuación das obras de canalización da rede de Unión Fenosa, cortarase o ramal de incorporación da avenida de Arteixo á glorieta Eduardo Diz, dirección saída cidade, dende o martes 6 de agosto, ás 9.00 horas, ata o venres 9 de agosto ás 19.00 horas.
– Debido ao fresado e reposición de pavimento en varias rúas da cidade, produciranse cortes de tráfico nas seguintes vías:
. Salvador de Madariaga: 7, 8 e 9 de agosto, de 8.30 a 21.00 horas.
. Marqués de Amboage: 8, 9 e 10 de agosto, de 8.30 a 21.30 horas.











