Miryam García quedou preto das medallas no europeo cadete de Bucarest
Faltou moi pouco para que Miryam García (Patiño) acadara unha medalla no Campionato de Europa Cadete, que finalizou en Bucarest. A galega caeu nos cuartos de final contra a representante de Austria nun apretado combate (6-7).
Miryam (-59 quilogramos) comezou a competición fronte á representante de Hungría, Dorottya Gadasi e logrou un triunfo claro (11-7).
Primeiro paso dado e agora García xa estaba nos cuartos de final onde tería como contrincante á austríaca Martina Nisandzic, que eliminara na preliminar á represente de Chipre (3-2). Para chegar as medallas, había que superar este combate, pero Miryam caeu por só un punto de diferenza (6-7) e quedou fóra da loita polas medallas.











