Melloras no campo de fútbol da Veiga

Traballos na portería do campo de fútbol da Veiga
Quedaron rematados os traballos de mellora do campo de fútbol municipal da Veiga que acometeo o Concello de Cervo. En concreto, substituíuse o céspede natural das áreas das porterías, desgastado polo uso.
Unha actuación na que a administración local inviste uns 2.400 euros e coa que se pretende “acondicionar e manter en bo estado o campo de fútbol municipal, especialmente de cara ao comezo da nova temporada”, explica o edil de Deportes, Luis Guillén, que esta mañá se achegou ata o terreo de xogo xunto ao alcalde, Alfonso Villares e técnicos municipais para comprobar o avance dos traballos.
A previsión é de que durante o día de hoxe queden rematadas as tarefas de substitución da herba. A partir de entón e durante 12 días as áreas non se poderán utilizar polo que os adestramentos realizaranse sen ocupar estas zonas, aínda que o resto do campo seguirá dispoñible. Durante ese tempo realizaranse coidados diarios para asentar a herba e rematado este período procederase a cortar o céspede de todo o campo.











