María do Ceo e Roi Casal serán os encargados de inaugurar os festexosos da Feira do Xamón na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendarioLocal
A-
A+

SÁBADO 10 DE AGOSTO, ÁS 22:30 h. PRAZA MAIOR ACTUACIÓN DA CANTANTE FADISTA MARÍA DO CEO

Maria do Ceo, é fado en estado puro, actualmente está considerada unha fadista tradicional, polo que nalgúns medios de comunicación xa a consideran a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo, como na interpretación. Din dela que cando canta transmite melancolía, dozura, pasión, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa interprete de fado, porque realmente ela é: corpo de muller e alma de fado. Así a describe a súa páxina web.

María do Ceo actuará na vila da Cañiza o sábado 10 de agosto na Praza Maior abrindo os actos previstos dentro da programación da 47 Feira do Xamón da Cañiza.

DOMINGO 11 DE AGOSTO, ÁS 22:30 h. PRAZA MAIOR ACTUACIÓN DO MÚSICO, COMPOSITOR E CANTANTE GALEGO ROI CASAL

Roi Casal e a súa banda chegan a A Cañiza co seu traballo Máxicamente Vello, co que levan realizado unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado e polo que foron galardoados en varias ocasións. “Este concerto chéganos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en A Cañiza por primeira vez, o meu proxecto musical,” afirma Roi Casal.

O cantante galego porá en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirma que “a nosa máxima é que o público desfrute durante unha hora e media. Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa, a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores”.

Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual feita en Galicia, e comparten cartel na xira deste ano con artistas como Chuchito Baldés (20 Xullo, Talavera de la Reina-Toledo) ou Chenoa e Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros.

O concerto está enmarcado dentro da programación de verán do Concello de A Cañiza e está patrocinado pola Deputación de Pontevedra. Terá lugar o vindeiro Domingo 11 de Agosto a partires das 22h30 na Praza Maior de A Cañiza. A entrada é de balde.

Sobre Roi Casal

Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, que toca a arpa céltica, a zanfona, e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis

internacional da música galega, no ano 2000. Tras case unha década no grupo, no ano 2009 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas, disco galego máis vendido dese ano. En febreiro de 2011 publicou o seu segundo traballo, Maxicamente vello, no

que de novo realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea e co que leva a cabo unha importante xira de máis de trinta concertos e recibe varios galardóns.

Na actualidade traballa no seu novo disco que sairá á venda nos vindeiros meses.

9 de agosto de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.