Manicus, un espectáculo para todos os públicos estará o martes 27 en Boiro
O martes 27 de agosto ás 12.00 h na rúa peonil terá lugar o espectáculo destinado a todos os públicos Manicus, ao cal asistirán tamén os 160 nenos que están asistindo ao Campamento de verán entre os tres e os 12 anos .
O mércores 28 ás 11.30 h na praza de Galicia estes 160 nenos recibirán unha visita didáctica do persoal e camións de bombeiros, protección civil e policía local.
O venres 30 rematará o campamento de verán 2013 cun Festiva lno salón de actos da Casa de Cultura (con actuacións, baile, teatro, música que prepararon os monitores) ao cal poderán asistir os familiares dos participantes que o desexen.











