Máis de cincocentos euros recadados para fins sociais durante o partido O Parrulo e Al Wahda de Emiratos Árabes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

Máis de catrocentas persoas acudiron na tarde de onte á chamada solidaria do fútbol sala en Neda. Foron as que asistiron ao parti-do internacional benéfico entre O Parrulo FS e o Al Wahda de Abu Dabi de Emi-ratos Árabes, dirixido por Pablo Prieto. Un encontro no que o resultado era o de menos, pero no que non faltaron os goles. Ata oito, nun marcador que rematou 6-2 a favor do equipo ferrolán. Organizado polo Concello de Neda, coa venda das entradas logrouse recadar máis de cincocentos euros, que irán destinados inte-gramente a fins sociais.

Previamente ao encontro, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, presidía unha re-cepción oficial ao equipo árabe na casa do concello. Na mesma, facíalles entrega dunha placa conmemorativa e todos os futbolistas deixaban constancia do seu paso por Neda coa súa sinatura e, nalgúns casos dedicatoria, no Libro de Visitas.

27 de agosto de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.