Máis de catrocentos nenos participaron na primeira xornada da Semana Infantil en Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O tempo acompañou e centos de persoas congregáronse esta mañá no Parque do Sagrado Corazón para seguir as actividades da Semana Infantil na súa primeira xornada. Máis de catrocentos nenos e nenas tomaron parte nas Probas Atléticas, que inauguraron o programa deseñado polo Concello de Cedeira. Carreiras de velocidade, resistencia e relevos se sucederon dende as 11 horas e nelas participaron nenos mesmo de pouco máis dun ano ata os 14.

A Semana Infantil continuará mañá martes cos “Xogos dos Avós”. Entre as 11 e as 14 horas, o Concello propón que se lle esquece a  videoconsola e recuperar aqueles xogos de toda a vida como o pano, a carreta, a cadeira ou os zancos, entre outras propostas. O mércores será a quenda das Carreiras de Humor; o xoves, do tradicional concurso de Castelos na area, e o venres, da Carreira Popular.

5 de agosto de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.