Máis de 40 participantes no Festival Internacional de Karaoke de Salvaterra de Miño
O pasado sábado reunironse en Salvaterra de Miño mais de 40 participantes que fixeron as ledicias de todos os asistentes coa súa voz e posta en escea.
Mais de mil persoas desprazaronse ata a Vila Salvaterrense para disfrutar de boa música e sobre todo, dunha boa noite acompañando aos participantes.

Algúns dos participantes
Cada ano o nivel é mais alto, e para o xurado mais dificil facer a súa labor, así o maifestou o presidente do xurado Felix Cebreiro, Compositor Musical e Licendiado en Música. Xunto a el, e tamén como xurado, estaba Daniel Gregores, Profesor Superior de Música e Director da Banda de Música de Salvaterra, Sofía García, Licenciada en Clarinete e profesora do Conservatorio de Tui e da Escola de Salvaterra e Almudena Lamora, a gañadora do Festival do ano pasado, que a hora de puntuar tiñan en conta os seguintes termos como a afinación, a claridade e sonido, o ritmo sincronizado, a colocación e voz, a pronunciación, o fraseo, a dificultade e riesgo da canción, o riesgo na elección da lingua, a escena e atrezo e a sensibilidade e transmisión enriba do escenario.
Despois dunha noite de largas deliberacións o xurado decidiu coas súas votacións premiar a:
> Primeiro lugar: Oscar Míguez e Cristina Rozas
> Segundo lugar: Arancha Rodríguez González
> Terceiro lugar: Fernando Míguez García











