Máis de 25 clubs e 400 deportistas participarán no Trofeo Príncipe de Asturias de Piragüísmo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Trofeo Príncipe de Asturias de Piragüismo volverá ser unha das citas obrigadas desta modalidade deportiva a nivel nacional. Máis de 25 clubs, entre eles algúns de Portugal, case cen embarcacións e 400 deportistas competirán durante toda a mañá en Verducido. Unha xornada que ten previsto finalizar á unha e media da tarde coa entrega de trofeos.

As regatas serán das categorías júnior, cadete e sénior, nas modalidades de K-4 e C-4, con algunhas excepcións. O percorrido será para todos de dous mil metros, polo que a esixencia será máxima.

O Trofeo Príncipe de Asturias contará coa presenza dos mellores clubs galegos, como é norma tradicional. O Betanzos, As Torres de Catoira e Kayak Tudense perfílanse como os grandes favoritos para lograr o triunfo final.

O piragüismo galego leva unha magnífica traxectoria na actual tempada en canto a resultados e tamén a nivel de actividade. O encoro de Verducido converteuse nun punto de referencia a nivel nacional. Nese lugar disputáronse os dous campionatos galegos, tanto de inverno coma de verán, así como outros tantos nacionais. Ademais, varios padexeiros de Galicia participou con grande éxitos en regatas de carácter nacional.

13 de agosto de 2013 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.