Máis de 16.000 usurarios empregan o servizo de conexión gratuíta a internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Máis de medio millar de novos usuarios se rexistran cada mes no servizo municipal de conexión gratuíta a Internet “Ourense WIFI”. Con este crecemento, tanto no número de rexistros como na frecuencia de emprego, o servizo acada xa a cifra de 16.012 usuarios rexistrados ata finais do mes de xullo.

O servizo, que ofrece unha conexión gratuíta a internet a unha velocidade de 510 Kbs, permite consultas sinxelas como email, visita de páxinas web ou a lectura da prensa diaria desde os 53 puntos de conexión, que se estenden tanto no núcleo urbano coma no rural.

Entre os puntos de conexión máis habituais dos usuarios atópanse o Parque Barbaña (con 1.787 sesións no último mes), a rúa Lugo (con 1.720), a Avenida de Santiago (con 1.701) ou a Praza da Lexión (con 1.555).

No referido ao total das sesións, neste último mes de xullo o servizo superou por segunda vez desde a posta en marcha en decembro de 2010 as 30.000 sesións, cun total de 30.771. Destas, unha de cada catro foron visitas de usuarios novos, e o 75% restante de usuarios xa rexistrados previamente.

En canto ao idioma de acceso empregado, a tendencia nos últimos meses é un aumento no emprego de linguaxes estranxeiras: unha de cada tres conexións realízanse nun idioma diferente ao español (na súa maioría, en inglés).

16 de agosto de 2013 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.