Máis de 1000 mozos participan este sábado no concurso de camiseta do Pulpo no Carballiño
Ao peche das inscricións para participar no concurso de camisetas da festa do Pulpo 2013 eran máis de 1000 os mozos que rexistrados, integrando as máis de 80 penas, para optar aos premios deste ano. Dende as 18:00 horas deste sábado, 10 de agosto, poderanse ver os deseños das camisetas deste ano, con temática moi variada pero todas con relación ao polbo e ao Carballiño. Dende as 20:00 horas iniciarase o desfile das penas, todos eles ataviados coas súas respectivas camisetas, e acompañados por dous batucadas que poñerán o ritmo a este concurso.
Un ano máis bátese o record de participación neste concurso, que é a antesala da noite máis longa do verán carballiñés xa que a maioría destas penas inician xa o seu particular festa do Pulpo. Moitas destas penas, lucindo o deseño das súas camisetas, pódense ver ao día seguinte no Parque Municipal, engrosando o colorido e a diversión desta gran romaxe gastronómica.











