Máis de 1.500 cativos transforman no ‘Día do Neno’ o Campo da Feira de Ordes nunha gran festa infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Asistentes ao "Día do Neno"

Asistentes ao “Día do Neno”

Máis de 1.500 nenos e nenas non poderán esquecer o día de hoxe grazas a gran festa que o Concello de Ordes organizou para todos eles. O Campo da Feira, no centro da vila, transformouse durante toda a tarde no epicentro da diversión e da alegría grazas ó Día do Neno.  Inchables, pallasos, animadores, música, obradoiros de pintura facial e chapas, e moito máis marcaron unha xornada onde os máis pequenos foron o máis importante.  

O prato forte chegou a última hora, cando arrancou a festa da espuma. Todos desfrutaron sumerxíndose na gran nube branca que ocupou unha boa parte da explanada onde se levou a cabo. Non foron os únicos, xa que pais, nais, avós e demais acompañantes non pararon de fotografar e grabar a escena cos sus teléfonos móbiles. Incluso houbo quen aproveitou a ocasión para saber qué é iso de pegarse un bo baño de espuma ao aire libre. 

9 de agosto de 2013 | 22:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.