Luis Gutiérrez define aos viños do ribeiro como atlánticos, minerais e que acompañan á perfección a comida lixeira actual pola súa frescura

Visita de Luis Gutiérrez
A D.O. Ribeiro recibiu hoxe o catador que valora os viños de España para o crítico de viños estadounidense Robert Parker, Luis Gutiérrez. Este especialista catador tras probar un importante número de referencias da Denominación de Origen Ribeiro para The Wine Advocate traslada que encontrei varios viños que me sorprenderon moito”. Así mesmo declarou que “os viños brancos do Ribeiro os caracterizo como atlánticos, minerais e que acompañan á perfección coa actual tendencia ás comidas lixeiras, xa que son moi frescos e amables”.
Pola súa banda, Luis lanzou unha mensaxe aos bodegueiros da D.O., dicindo que “os elaboradores deberían facer os viños que sentan, das súas terras, coas súas uvas autóctonas, que non se centren nos gustos do mercado. Iso é o que triunfa, apostando polas zonas e as súas uvas,”, así como recoméndalles que deberían viaxar a outras zonas vinícolas importantes para abrir máis as súas mentes e axudar a entender que a tradición dun pobo é tamén un factor moi importante”.











