publicidade hoxe

Louzán visita as obras do campo de fútbol da Ran, en Cuntis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisLocalPontevedraProvincias
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra visitou hoxe as obras do campo de fútbol da Ran en Cuntis acompañado do alcalde do concello, Antonio Pena Abal. Os traballos están practicamente rematados na súa totalidade, tan só restan pequenos detalles de instalación da acometida eléctrica e gradarías, que estarán rematados no prazo de quince días ou tres semanas.

Cun orzamento de 1 millón de euros, os labores supuxeron a ampliación do terreo de xogo e a reforma das instalacións e da contorna do campo de fútbol, dando lugar practicamente a un novo campo que conta agora cunhas dimensións de 105×63 metros, dous campos transversais de fútbol 7 e céspede artificial de última xeración.

Tamén se construíron bancadas cubertas para 328 espectadores, bancadas para suplentes, un marcador electrónico e un sistema de rego e de drenaxe con canles de recollida de augas. Ademais, dotouse o campo dun xogo de porterías de fútbol once; dous xogos de porterías de fútbol sete e un xogo de bandeirolas de córner.

En canto ás obras realizadas nas inmediacións do campo procedeuse á urbanización da parcela, instalouse un novo peche perimétrico, axardinamento de zonas verdes e aparcadoiros pavimentados completando a mellora da contorna. No entorno do complexo procedeuse á construción dun edificio anexo ó campo destinado a vestiarios, almacén, gradaría, oficina, control de acceso, baños e bar.

9 de agosto de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.