Los Secretos actuarán no Pazo da Ópera da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

Los Secretos actuarán o próximo 19 de outubro no Pazo da Ópera, no que será o seu primeiro concerto sinfónico en Galicia, pois estarán acompañados no escenario da Orquestra Gaos.

O concerto que ofrecerán Los Secretos no Pazo da Ópera será unha oportunidade única para gozar en directo dun grupo que conta con cancións como Buena Chica, Déjame ou Todo sigue igual. Será a primeira vez en Galicia que estean acompañados por unha orquestra sinfónica.

Los Secredos compartirán escenario coa Orquestra Gaos, formada por músicos galegos, na súa maioría profesores dos principais conservatorios de Galicia. Tras a gravación dun DVD e un CD no Teatro Real de Madrid, Los Secretos iniciaron unha xira con concertos acompañados de orquestras sinfónicas. No Pazo da Ópera ofrecerán un repertorio con arranxos orquestrais que destacan os valores das súas cancións.

As entradas do concerto de Los Secretos, organizado por Cávea Produciones en colaboración co departamento municipal que dirixe Ana Fernández, poñeranse á venda o mércores 21 de agosto, a través de servinova.com, na praza de Ourense e na web www.caveaproducciones.com. Os prezos das entradas oscilarán entre os 25 e os 35 euros.

20 de agosto de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.