Leoncio Loureiro resultou o vencedor absoluto do Campionato de Tirapedras
48 tiradores/as tomaron parte no VII Campionato de Tirapedras da Galiza Central, celebrado este luns 19 en Melide.
Cada participante efectuou un total de 6 lanzamentos contra tres dianas situadas en plena Praza das Coles de Melide. Os proxectís usados nesta ocasión foron bólas (canicas).
A proba pretende contribuír á recuperación para a práctica dos xogos tradicionais dos espazos do casco histórico da vila de Melide, que foron usados con esta finalidade desde a noite dos tempos.
O Campionato foi organizado, por sétimo ano consecutivo, pola ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL, e contou co patrocinio da empresa local ADEGA “MANDIL”.

Leoncio Loureiro
De notable éxito pode cualificarse o VII Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide e no que participaron un total de 48 competidores, dos dous sexos e de todas as idades. Entre os participantes atopábanse tanto melidaos e melidás residentes como outras persoas que se encontran pasando as súas vacacións na comarca, e mesmo visitantes circunstanciais e persoas chegadas expresamente para participar no evento.
O Campionato, que persegue contribuír á recuperación dos espazos tradicionais de xogo existentes no casco histórico de Melide, foi organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional www.agxpt.org), contando co patrocinio do coñecido establecemento local Adega “Mandil”, e co apoio do Concello de Melide e da Sociedade de Pesca Deportiva “Ponte Mazaira”.
O gañador absoluto da presente edición do Campionato foi o experimentado tirador melidao Leoncio Loureiro, clasificándose en segundo e terceiro lugar, respectivamente, o melidao Manuel Mato e o vasco-ourensán Paco Montanos, este último gañador da edición do campionato de 2012. En categoría infantil, o gañador foi Cristian Garea, obtendo o segundo lugar Alí Barka e o terceiro Iván Varela.
Por segundo ano consecutivo, os tiradores/as reuníronse na emblemática Praza das Coles. As persoas adultas lanzaron a 10 m de distancia contra tres dianas. Os menores fixérono a 5 m. tamén contra tres dianas. Cada lanzador/a dispuxo dun total de seis intentos.
As persoas gañadoras foron os seguintes.
VII CAMPIONATO DE TIRAPEDRAS DA GALIZA CENTRAL
Menores de 14 anos:
1º Cristian Garea.
2º Alí Barka.
3º Iván Varela.
Persoas adultas:
1º Leoncio Loureiro.
2º Manuel Mato.
3º Paco Montanos.











