Lalín estará presente no Encontro das Comunidades en Cabeceiras de Basto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal Portada
A-
A+

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández, lembra que “o Concello de Lalín estará presente dende mañá e ata o domingo no “Encontro das Comunidades” que se desenvolverá en Cabeceiras de Basto respondendo así a unha invitación cursada pola Câmara Municipal, que se enmarca dentro das iniciativas a desenvolver en conxunto entre Lalín e a localidade portuguesa, e que teñen o punto de partida no  irmanamento entre ambas as dúas localidades”.

Rodríguez detalla que “dende a tarde do venres contaremos cun stand turístico de Lalín e Comarca que, atendido por persoal da Concellería de Turismo, ofrecerá aos visitantes folletos, mapas, guías e material promocional diverso sobre o noso municipio”. “Ademais tamén expoñeremos recursos audiovisuais como un vídeo promocional de Lalín e da saída de etapa de  “La Vuelta” o próximo 27 de agosto a fin de captar adeptos a este importante evento turístico-deportivo en Portugal que veñan eses días a Lalín”, remarca.

“Por outra parte, a presenza lalinense en Cabeceiras completarase, ademais de coa información turística, cunha pequena mostra de produtos gastronómicos típicos da zona como queixo, mel, carne e embutidos ou elaborados do porco”, salienta.

O “Encontro das Comunidades” está promovido pola Câmara Municipal de Cabeceiras de Basto, a través da empresa municipal turística “Emunibasto”, co que se pretende poñer en valor os produtos específicos da dita rexión portuguesa, promover o turismo, ao tempo que revalorizar o patrimonio cultural. O certame que se celebrará na Praça da República de Cabeceiras reunirá artesanía e produtos típicos da zona como “Vinho Verde”, mel, e carnes autóctonas como “barrosa” e “cabrito das Terras Altas do Minho”, entre outros.

En total son tres días de actividades que van dende o turismo, o teatro, o deporte, a exposición de produtos de distintas área do norte luso, a música, etc que reúne na Praça da República a visitante de todo o norte de Portuigal, especialmente da zona de Basto, Fafe e o interland de Porto.

8 de agosto de 2013 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.