Lalín acolle a saída da cuarta etapa da “vuelta ciclista” o 27 de agosto cun amplo percorrido polas rúas do casco urbano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLalínLocal
A-
A+

A Avenida da Habana, fronte a Casa Consistorial, será o punto de saída da cuarta etapa da Volta Ciclista a España, entre Lalín e Fisterra, e que a organización titulou como “A etapa do fin do Mundo”, tal e como recolle o Libro de Ruta que a organización deu a coñecer aos concellos polos que pasa o evento.

A amplas necesidades de espazo dun evento do tamaño da Vuelta Ciclista ocuparán todo o entorno da consistorial, incluíndo todas as rúas do Regueiriño e parte da Avenida Xosé Cuiña.

A salida neutralizada producirase na rúa da Havana, para continuar pola rua Obsevatorio, Ramón Aller e Matemático Rodríguez onde xirarán en dirección á rúa Principal, para continuar por Joaquín Loriga, Avenida Buenos Aires e ahí cambiar de dirección cara a Avenida Luis González Taboada, rúa D, rúa Penatoares, para baixar pola rúa Arenal, rúa da Ponte, rúa Corredoira e coller dirección Silleda pola rotonda das Queimadas.  A saída lanzada terá lugar pouco despois, no km 295.

A saída da etapa producirase segundo o libro de ruta ás 12:45, sendo a saída real xa as 12:57. As previsións da organización estiman que no horario medio o paso por Prado será sobre as 13:01, deixando o Concello de Lalín por Ponte Taboada uns minutos despois con dirección Silleda e A Estrada despois.

A caravana que circulará trala serpe multicolor situarase na Avenida da Habana en dirección ao Lalín Arena e pola Avenida Xosé Cuiña onde se sitúa o Punto de Paso Obrigatorio polo que todo os vehículos da volta deben circular.

As rúas aledañas á consistorial, na zona do Regeuriño, estarán ocupadas polos parkings de prensa, convidados, equipos e organización, sendo o dos equipos na zona alta da Avenida Xosé Cuiña máis próximas ao Lalín Arena.

O punto de encontro dos corredores e o control de firmas situarase na zona empedrada diante da consistorial, ao pe do arco onde tomarán a saida.

O día anterior á saida, situarase no campo da Feira o Parque vuelta que servirá de punto de animación para os máis xóvenes e que se complementará con actividades como o concerto de Roi Casal ou unha kedada ciclo turista.

12 de agosto de 2013 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.