IV torneo de fútbol Concello de Neda
A real vila acollerá o venres 30 de agosto e o sábado día 31 a cuarta edición do Torneo de Fútbol Concello de Neda. Unha competi-ción organizada polo clube local coa colaboración do Concello e da Deputación Provincial da Coruña. Celebraráse no campo municipal, con entrada libre.
Así, o calendario da primeira xornada dará comezo ás 19 horas. O primeiro partido enfrontará ao Perlío e ao San Mateo. E, ás 21 horas, o conxunto local disputará o pase á final ao Galicia de Caranza xuvenil. O sábado, tamén ás sete do serán, está programado o partido que determinará o terceiro e cuarto clasifica-dos. E, ás 21 horas, terá lugar a final. A continuación, entrega de trofeos.











