publicidade hoxe

Invístense preto de 22.000 euros na mellora de servizos para os veciños de Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugoPantónProvincias
A-
A+

Varias Asociacións de Veciños de Pantón se beneficiaron das subvencións da Deputación para entidades asociativas. Na convocatoria de 2012 se concederon a este concello 5 actuacións diferentes que comprenden dende o arranxo de fontes públicas ata a dotación de mobiliario para un local social. En total foron 21.900 euros que se dedicaron á mellora de servizos en varias parroquias.

En Vilar os veciños levaban tempo reclamando o acondicionamento da fonte pública, moi empregada e que se atopaba nun estado deplorable. As obras permitiron recuperar o lugar como punto de reunión para os veciños. Dedicáronse a esta actuación 4.000 euros. Contía similar se destinou ó acondicionamento doutra fonte, tamén moi empregada en Goián.

As axudas do programa de subvencións da deputación tamén serviu para mellorar as instalacións de varias asociacións de Pantón. Asociación veciñal e cultural Cabalo Branco de Santiago de Cangas empregou 2.500 euros na construción dun almacén que da servizo ó seu local social. Por outra banda, a Asociación de veciños de San Martín solicitou axuda para ampliar o tellado da casa Escola e dotar de mobiliario o local. En concreto, grazas á subvención puideron comprar un lavavaixelas, unha neveira e unha estufa. Xa no exterior das súas instalacións acometeron o encintado dun muro. A contía que se lles adxudicou foi de 7.400 euros.

Estas asociacións destacan por ser moi activas e organizar numerosas actividades ó longo do ano nas que participan un gran número de veciños, de aí o interese por ter as súas instalacións en perfecto estado e contar con tódolos servizos necesarios para atender ós seus socios.

As obras realizadas no Concello de Pantón con cargo ós plans veciñais tamén incluíron o acondicionamento de camiños do barrio de Ribas de Sil, na parroquia de Pombeiro. Estas eran unhas actuacións moi demandadas polos veciños que levaban anos solicitando ó concello estas obras para evitar perigos nas pistas deste lugar da ribeira e que recibiron 4.000 euros para a realización destes traballos.

As axudas do plan financian o 100% das actuacións solicitadas por veciños e asociacións en tódolos concellos da provincia e por valores que van dende os 1.700 euros ata os 12.000 e comprenden actuacións moi diferentes coma a colocación de tellados ou a dotación de mobiliario para asociacións ata o acondicionamento de vías ou a instalación de servizos básicos como auga.

Actuacións en todos os concellos da provincia
O programa de subvencións contempla actuacións nos 67 concellos da provincia que solicitaron orzamento para acometer 232 obras diferentes. Son actuacións de asociacións e particulares que pediron axudas para realizar actuacións de establecemento, dotación, ampliación e mellora de servizos de interese veciñal. O orzamento total do plan é de 2 millóns de euros, orzamento que a Deputación mantivo apra este ano 2013 dentro do plan de axudas que se ven de aprobar hai uns días en Xunta de goberno e polo que se realizarán outras 243 obras de interese comunitario.

12 de agosto de 2013 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.