Intensos traballos de desbroce na última semana
A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, fixo balance sobre as actuacións de roce e limpeza de camiños e cunetas nas parroquias de Doniños, Covas, Marmancón, Esmelle, Brión e Serantes acometidas durante a última semana, segundo os datos facilitados por Tragsa, empresa que ten encomendado este servizo. Este programa integral forma parte do Plan de Barrios, posto en marcha polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela, e conta cun investimento total para o presente exercicio de algo máis de 76.000 euros.
Un total de 14.129 metros lineais de roce de marxes de camiños foron executados polos operarios de Tragsa nas parroquias do rural anteriormente citadas. Os medios empregados nestas actuacións son un equipo cun total de tres operarios con motodesbrozadoras, un encargado de obra, un tractor de rodas con desbrozadora mixta, unha furgoneta e un vehículo todoterreno.
Plan de Barrios
Este programa de traballos de limpeza de camiños na zona rural, que forma parte do novo Plan de Barrios, se complementa coa actuación de sinalización e pintado, co servizo de mantemento de infraestruturas viarias e co programa integral para a instalación de papeleiras.











