Información aos veciño de Almofrei sobre as obras do ensanche da estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, visita os traballos previos do equipo de topografía da Deputación Provincial para as futuras de ensanche da estrada de Almofrei. Nesta primeira toma de contacto o equipo de topografía tomou as medicións sobre o terreo para determinar as fincas e predios que se verán afectados polas obras de ensanche desta pista.

Neste senso Jorge Cubela manterá unha reunión cos veciños de Almofrei mañá venres día 23 de agosto, ás 20:00 no local social de Almofrei, onde dará información sobre estas obras a todos os veciños que asistan á reunión co alcalde.

Posteriormente unha vez entrado setembro, o alcalde e os técnicos correspondentes manterán, de novo, unha reunión cos veciños de Almofrei para informar sobre a marcha dos traballos e das obras de ensanche.

23 de agosto de 2013 | 15:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.