Inaugurase Xove 360º con fotografías de 15 autores

Sala de Exposicións Centro Cívico
A Sala de Exposicións Centro Cívico acolleu a inauguración Xove 360º á que asistiron o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polos fotógrafos presentes na mostra. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola sexta edición, e para este ano incorporou unha novidade, concretamente unha sección denominada “Éche así”, na cal, os fotógrafos que así o decidiron, puideron realizar unha recreación (creación, nova interpretación, …) dunha fotografía antiga pero con parámetros actuais.
A temática da exposición, a diferenza da do pasado ano, foi de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.
A maioría dos autores aportaron 3 fotografías á mostra, e os restantes só dúas. En total a exposición está conformada por 41 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.. Na edición deste ano tivemos unha importante participación con 15 fotógrafos, 6 máis co pasado ano. Ademáis de novas incorporación, salientamos a participación de 4 rapaces (menores de 18 anos) que aportaron tamén a súa obra. A convocatoria para poder participar foi feita a toda a xente de Xove en xeral, pero tamén realizamos unha campaña de participación dirixida aos estudiantes do IES Illa de Sarón de Xove, que deu os seus froitos, xa que, como dixemos, foron 4 os rapaces/as que participaron. Isto para nós é moi importante, xa que un dos obxectivos é o de crear canteira, abrir o mundo da fotografía ás novas xeneracións.
Os participantes na edición deste ano, son: María del Mar Angulo, Alba Balseiro, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Eduardo Rodríguez, Andrés García, Pedro García, Elena Fernández, Rubén Pico, Héctor Núñez, Ignacio Garijo, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Juan A. Fernández e Pablo Fernández.











