Inauguración da exposición “Mañás Activas de Verán”
O vindeiro luns, 19 de agosto, ás 13:00 horas na Oficina de Información Xuvenil, vai ter lugar a inauguración da exposición “MAÑÁS ACTIVAS DE VERÁN”. Na mesma estarán expostos os traballos de manualidades (fofuchas e scrapbooking), fotografía e reciclaxe levados a cabo nos obradoiros do programa “Mañás activas de verán” durante os meses de xullo e agosto.
Na inauguración contarase coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de xuventude Ana Abad. Tamén están invitados a esta inauguración os rapaces/as participantes, así como os seus familiares, quens poderán degustar os pinchos elaborados por eles mesmos no taller de cociña sana.
O programa “Mañás activas de verán” contou coa participación de 32 rapaces/as de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, e de 5 voluntarias, subvencionadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que colaboraron na realización das diferentes actividades, prestando especial atención aos menores que o precisaron.











