Iguana Tango en Verín
Esta actuación, enmarcada no ciclo de ‘Concertos de Verán’, organizado pola área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín, permitiu que nas últimas xornadas ‘Los Rebeldes’ e ‘Los Limones’ interpretarán ante verinenses e visitantes temas como “Bajo la luz de la luna”, “Mediterráneo”, “Un español en Nueva York”, “No sube la marea, “El canto de la sirena” ou “Ferrol”, entre outros.
Na xornada de mañá será a quenda para Iguana Tango. A andaina musical dos madrileños comeza no ano 93 baixo o nome de ‘Silver Shadow’. En 1996 a formación decide ampliar as súas expectativas musicais e empezan por cambiar o nome da banda, polo de ‘Harén’, á vez que comezan a facerse un oco no circuíto madrileño de salas. Tres anos máis tarde, deciden buscar un novo nome e xa como Iguana Tango publica baixo o selo independente Pies Records o seu primeiro álbum “El Nacimiento de la Iguana”. Pero sería en 2003, coa aparición do grupo nun programa televisivo e saída do seu segundo disco “Colección Pop”, cando se deron a coñecer ao grande publico. O ano 2004 lograron 7 números un nas principais radios deste país cos seus tres singres “Olvídate de mí”, “Te perdí” r “Si pudiera”, unhas vendas de 75.000 copias e unha xira de 100 concertos. No ano 2005 publícase “En celo”, o seu terceiro álbum de estudo, con temas como “Yo estoy aquí”, “Volverás” e “No te merezco”. Na primavera de 2007 chega o cuarto álbum, ‘Infiel’, cuxa produción corre a cargo de Alejo Stivel e que lles dará os éxitos “Extraño” e “Miente”. O quinto álbum e primeiro en directo do grupo “En vivo… y coleando”, conta con colaboracións como as de J.M. Casañ de Seguridad Social, María Villalón, Dani de Despistaos ou Belén Arjona en “Te Perdí”, que volve ser un éxito, no seu formato acústico. Tras publicar ‘Demasiados lobos aullando para una sola luna’, dende o mes de abril están mergullados na xira promocional do seu último disco ‘Efecto dominó’.
Durante a súa actuación na praza Maior de Verín interpretarán cancións como “Mi último blues”, “Cada noche”, “No te merezco”, “Te perdí”, “Daría mi vida”, “Miente”,, “Mi forma de vivir”, “Olvídate de mí”, “Te perdí” ou “Una vida normal”, entre outras.











