Gumersinda Puente celebra o seu 101 aniversario

Gumersinda Puente no seu 101 cumpreanos
A señora Gumersinda Puente García celebrou cos seus cinco fillos o pasado sábado o seu 101 aniversario na vivenda na que reside no lugar de Cumiáns, parroquia de Montemaior, xunto á súa filla Celestina e o seu marido Santiago.
José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e Rocío López, edil re
sponsable da área de servizos sociais, asistiron á festa para facerlle entrega a Gumersinda dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores en nome da Corporación municipal.
O próximo domingo a familia de Gumersinda ao completo volverá a celebrar o aniversario cun xantar ao que está previsto que asistan, ademais dos seus cinco fillos, os seus 18 nenos e 19 bisnetos.
Gumersinda Puente é unha das sete pers
oas maiores de cen anos de idade que residen no Concello da Laracha.











